Prevención de conductas de risco en menores e adolescentes en Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O Concello do Carballiño organiza, a través das concellerías mencionadas, para mañá día 25 de abril, ás 20.00 horas na Casa da Cultura unha charla-coloquio baixo o título: PREVENCIÓN DE CONDUCTAS DE RISCO EN MENORES E ADOLESCENTES, coa participación da psicóloga Ana Martínez, experta en intervención psicosocial con persoas en situación de exclusión e con voluntariado, da Asociación APES –Asociación para a prevención da exclusión social- e experiencia en programas de intervención no Centro Penitenciario de Pereiro Aguiar, así como dun ex-interno do devandito centro penitenciario, que contará en 1ª persoa su experiencia persoal.

Esta charla-coloquio está enfocada principalmente ás famílias, ás nais e pais que en ocasións non saben como responder ante as demandas e actitudes dos seus fillos e fillas menores e adolescentes, favorecendo a participación e o debate, así como a prevención de conductas predelitivas en menores e adolescentes.

24 de abril de 2013 | 15:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.