Prestación económica por fillo menor a cargo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán informa que a consellería de Traballo e Benestar convoca a Prestación económica de pago único por fillo menor a cargo, co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos do neno, establecendo deducións da cota íntegra antonómica do  IRPF.

Poderán ser beneficiarios todas aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos á data 1 de xaneiro de 2013 e que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2011, nin eles nin ningún membro da unidade familiar

Esta axuda consiste nun pago único de 360 euros por cada neno. Para optar a ela, os interesados deberán presentar a solicitude no departamento de Servizos Sociais antes do 7 de maio, preza cita no teléfono 986 36 50 00, extensión 4, xunto cunha fotocopia do libro de familia completo, certificado do padrón da unidade familiar, fotocopia do caderno bancario e outra documentación para casos excepcionais.

4 de abril de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.