Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVedra
A-
A+

O Concello de Vedra informa do prazo para solicitar a prestación que recolle o DOG nº 62, do 1 de abril de 2013, polo que se abre o prazo para a solicitude da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o 2013 da Xunta de Galicia. Poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos (nacidos entre o 02/01/2010 e o 01/01/2013) e que durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración da renda, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 10 de maio do presente ano.

ESCOLA DE FAMILIAS

Por outra banda, desde o departamento de educación do Concello de Vedra informan de que o vindeiro luns, día 15, terá lugar unha nova sesión de Escola de familias sobre “Como axudar aos nosos fillos e fillas no estudo. Obradoiro para pais e nais de técnicas de estudo”. Desenvolverase no Centro sociocultural de Vedra , de 18.00 a 19.30 h. Aconséllase inscrición.

9 de abril de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.