Presentadas as actividade para a Festa dos Maios 2013 en Ourense
A concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, presentou esta mañá ás actividades correspondentes á Festa dos Maios, o vindeiro domingo 5 de maio. Os Maios corresponden a unha destacada parada dentro do Ciclo Festivo Ourensán, que en Ourense cultiva unha forte tradición. Desde o ano 2001, esta celebración é Festa de Galicia de Interese Turístico.
Na presentación, a concelleira estivo acompañada polos técnicos de Cultura, María Díaz e Manuel Freire, que detallaron o programa previsto para o domingo. O orzamento de actividades suma aproximadamente 3.000 € que se adican sobre todo ao pagamento das actuacións. A maiores están os 11.000 € destinados á remuneración dos premios nas distintas categorías do concurso – maio artístico, enxebre, escolar e coplas -.
Desde ás 11.00 h do domingo día 5, as rúas Lamas Carvajal e Paseo se vestirán de gala coa chegada dos Maios elaborados para a ocasión. De momento 12 son os Maios inscritos, aínda que este ano espérase superar a número doutras edicións –21 inscritos no 2012-. A continuación detallamos o programa.
Domingo, 5 de maio
11.00 Chegada dos Maios Lamas Carvajal – Rúa do Paseo
12.00 Animación musical “ Gomes Mouro”
12.00 Comezo do canto das coplas ao pé dos Maios
12.00-14.00 Obradoiro: elaboración do Maio tradicional conxunto.
Lugar: Xardíns Padre Feijoo
12.00 Concerto da Banda Municipal de Música de Ourense
Lugar: Praza Maior
17.30 Animación musical “Gomes Mouro”
Lugar: Xardíns Padre Feijoo
A continuación entrega de premios do Concurso de Maios e Coplas 2013
6ª Exposición fotográfica “Maios na Memoria” nos Xardíns Padre Feijoo











