Presentada a X Andaina Cidade de Ourense cunha ruta de 27 kilómetros
O concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez, e a coordinadora da actividade, Marta Míguez, presentaron esta mañá no salón de plenos do Concello a X Andaina Cidade de Ourense, que se desenvolverá o vindeiro día 12 de maio.
A actividade está organizada polo Consello Municipal de Deportes e o Concello de Ourense, co patrocinio das empresas e Pérez Rumbao, Gadis, aquaBona, Coca-Cola, laCaixa e colaboración de Turini, Termas de Outariz, Bodegas Cunqueiro, Estrella Galicia e Ponte Vella Centro Comercial.
A Andaina terá saída (ás 9:00 horas) e chegada no Pavillón dos Remedios e o percorrido discorrerá polos montes da zona sur-sureste de Ourense, cunha distancia de 27 quilómetros, cunha elevación máxima de 404 metros. Os puntos de avituallamento estarán en Seixalvo (km. 6), Cumial (km. 13) e Ceboliño (km. 20) e no remate da andaina (Pavillón dos Remedios, km.27). Participarán un máximo de 500 persoas.
Os interesados en participar deben ser maiores de 16 anos e poderán inscribirse dende o día 22 de abril ata o 9 día de maio, a través da páxina www.deportesourense.com. A inscrición ten un custe de 7 euros.
Torneo de Kickboxing
Tamén esta mañá no salón de plenos do Concello presentouse o X Torneo Internacional de Kickboxing, que terá lugar o próximo domingo, 20 de abril, ás 21:30 horas, no Pavillón dos Remedios.











