Presentación II Duatlón Escolar Concello de Nigrán
O Salón de Plenos municipal albergará mañá ás 12.30 horas a presentación do II Dúatlon Escolar Concello de Nigrán, que se celebrará o próximo sábado 6 de abril no ámbito do parque empresarial Porto do Molle.
O acto contará coa participación do coordinador de Deportes en Pontevedra da Xunta de Galicia, Guillermo Reinaldo, a coordinadora do evento, Lorena García, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva.











