Presentación do PXOM á corporación municipal do Concello da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal
A-
A+

Nun acto que se celebrou onte mércores en dependencias municipais, Consultora Galega, empresa encargada da súa redacción, presentoulle ós concelleiros e concelleiras da Corporación Guardesa os documentos que compoñen o PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal).

A partir de agora ábrese un período de tempo que o Alcalde estimou dun mes ou mes e medio para que os grupos municipais poidan estudiar os documentos (memorias, normativas, planos, etc) que compoñen o PXOM.

Transcurrido este tempo será sometido no Pleno Municipal a aprobación inicial. De resultar aprobado abriríase un prazo de dous meses de exposición pública para que tódolos interesados poidan presentar alegacións.

É importante destacar que unha vez aprobado inicialmente prodúcese a suspensión de licenzas por un prazo máximo de dous anos de xeito que non se inviabilicen futuras determinacións do PXOM.

11 de abril de 2013 | 15:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.