Presentación do libro “Ordes, terra de Trastámara”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

‘Ordes, terra de Trastámara’. Así se titula o último libro sobre o Concello de Ordes que mañá a partir das 13 horas será presentado na sala de conferencias ubicada nos baixos da Alameda. Un acto no que estarán presentes os sete alcaldes dos concellos que conforman a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, ademais de representantes da Xunta de Galicia

A obra obra asinada por Renato Landeira e Pablo Quinteiro, este último encargado da parte fotográfica.  Ao longo das case 300 páxinas que compoñen a obra ofrécese un percorrido comparativo entre o Ordes de hoxe en día e o Ordes histórico. Aspectos e puntos de interés cultural, económico, turístico, arquitectónico, deportivo, industrial, festivo, etc, están representados nesta obra, caracterizada tamén por unha coidada maquetación e unha encuadernación de tapa dura e papel satinado.

26 de abril de 2013 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.