publicidade hoxe

Presentación do Enil Loio-Ruxidoira no Concello de Paradela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalParadela
A-
A+
Presentación do Enil Loio-Ruxidoira

Presentación do Enil Loio-Ruxidoira

O acto de presentación do ENIL LOIO-RUXIDOIRA celebrouse no Concello de Paradela o día de hoxe ás 12:00 h no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López, no que participaron os técnicos encargados de elaborar o Plan de Conservación do mesmo.

Os espacios naturais de interese local, tal e como define a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, son lugares singulares que merecen algún tipo de protección dos seus valores naturais. O Enil Loio-Ruxidoira é o primeiro en ser declarado na provincia de Lugo e abarca unha superficie de 437 hectáreas que se localizan nas parroquias de: Loio, Castro San Martiño, Castro (San Mamede), Ferreiros, Francos, Cortes, Laxe, Suar, San Miguel, Vilaragunte, Barán.

O seu interese radica en que existen ata 5 hábitats distintos e numerosas especies protexidas, entre as que destacan varias especies endémicas de Galicia e da Península Ibérica así como numeroso patrimonio etnográfico: muíños, restos de mosteiros…

26 de abril de 2013 | 15:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.