Presentación do disco de “La Parranda La Nuestra” en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNeda
A-
A+

A asociación musical-cultural La Parranda La Nuestra presentará MAÑÁ, mércores, o seu primeiro traballo discográfico. Será no Salón de Actos da Casa da Cultura de Neda, a partires das 18,30 horas. No transcurso do mesmo, a formación realizará unha actuación na que o público asistente poderá escoitar algúns dos temas incluídos no traballo discográfico. Non só iso, o Concello procederá ao sorteo de media ducia de tickets que darán acceso ao tren que unirá, o 5 de maio, o traxecto entre Betanzos e Ferrol. Un tren histórico no que tamén viaxará a ministra de Fomento, Ana Pastor, e co que se conmemora o centenario da liña ferroviaria.

 

30 de abril de 2013 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.