Presentación da Peña Celtista Jorge Otero en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalNigrán
A-
A+

O Salón de Actos de Nigrán albergará mañá mércores 10 de abril ás 21.00 horas a presentación oficial da Peña Celtista Jorge Otero, nun acto presidido polo homenaxeado, o exfutbolista do R.C. Celta e veciño de Nigrán, Jorge Otero, que estará arroupado polo alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a Xunta Directiva da pena, encabezada por Amador Domínguez e Jorge San Román, como presidente e vice-presidente, respectivamente.

O acto contará coa participación de diversas personalidades do celtismo, como son os xogadores do R.C. Celta Hugo Mallo e Samuel Llorca; o segundo adestrador do club, Pepe Serrer; ex xogadores como José Paché ou Patxi Villanueva, entre moitos outros.

9 de abril de 2013 | 16:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.