publicidade hoxe

Premio María Moliner 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Pereiro de Aguiar
A-
A+

A Biblioteca Municipal do Concello do Pereiro de Aguiar foi seleccionada nos Premios María Moliner de Animación á Lectura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e da FEMP. O proxecto de dinamización lectora presentado foi “Anímate a leer”, proxecto que presenta diferentes actividades de animación e fomento da lectura.

Así, con data 11 de abril de 2013 a Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas ditou a proposta de resolución definitiva de axudas consistentes en lotes de libros para a promoción da lectura en bibliotecas públicas de municipios menores de 50.000 habitantes correspondentes ao ano 2013, de conformidade co establecido no apartado noveno da Resolución de 8 de outubro de 2012 (BOE nº 256, de 24 de outubro), pola que foron convocadas estas subvencións.

30 de abril de 2013 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.