Baiona premia a fidelidade do consumidor no mercado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal
A-
A+
Gañadores dos cheques no mercado de Sabarís

Gañadores dos cheques no mercado de Sabarís

Hoxe celebrouse o primeiro dos sorteos do concurso Presume de Praceiro nos mercados de Baiona. Os agraciados na praza de abastos de Baiona foron: María Vasconcellos Carneiro (1º Premio), José Carneiro Vilar (2º Premio) e Ernesta Prado Davila. Na praza de Sabarís os premiados foron: Vicente Fernández Brión (1º Premio), Cristina Fernández Fernández (2º Premio) e Angélica Ferreira (3º Premio).

As persoas citadas recibiron un cheque desconto, dependendo da categoría do premio, por valor de 75, 50 e 25 euros. Estas cantidades serán cambiadas por produtos nas próximas compras que se realicen nos mercados. A campaña desenvolverase ata o 3 de maio, data en que terá lugar o segundo sorteo.

O sorteo tivo lugar esta mañá en presenza da representante de comercio da Xunta, a concelleira de Comercio e o edil de Mercados do Concello Baiona.

Esta iniciativa, forma parte do Programa “Presume de Praceiro”, promovido pola Xunta de Galicia. Coa súa posta en marcha búscase recoñecer publicamente a profesionalidade e o traballo que realizan día a día os vendedores dos mercados tradicionais. Tamén se pretende concienciar e fomentar o consumo nos mercados locais, por garantía de calidade, pola atención personalizada e por contar diariamente con produtos frescos, autóctonos e de tempada os mellores prezos.

É de destacar que os mercados municipais tamén xogan un importante papel social, dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asintan a maioría.

12 de abril de 2013 | 15:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.