Porriño Teatro representa “Qué familia!” o domingo no Centro Cívico de Caranza en Ferrol
A programación de abril do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, segue o próximo domingo día 21 coa participación de “Porriño Teatro”, que porá en escena a obra “Qué familia!” no Centro Cívico de Caranza. A función dará comezo ás 19:00 horas e será gratuíta.
Nesta peza teatral reflexionase sobre o que pode acontecer cando nunha sociedade non se lle da valor a aquelas xente que se considera “prescindible” por que non dan beneficios. En concreto, a narración parte do punto de vista das persoas maiores: lentos, torpes, dan traballo…











