Pontevedra, convidada na cidade de Graz dentro do programa Transport Learning
O Concello de Pontevedra estará representado este xoves e venres no proxecto Transport Learning da Unión Europea na visita organizada á cidade austríaca de Graz. Transport Learning é un proxecto impulsado pola Unión Europea a través do programa Intelligent Energy Europe que ten por obxecto xerar coñecemento e capacitación en relación coas políticas e medidas de transporte sostible entre as administracións locais e as axencias locais adicadas á xestión enerxética das rexións europeas de converxencia.
Pontevedra foi convidada a participar desta visita a través do grupo GEA 21 Grupo de Estudios y Alternativas -contacto do proxecto en España-, para participar das actividades que alí se desenvolverán e compartir o modelo de Pontevedra co de Graz. Acudirán a esta visita os concelleiros Demetrio Gómez e Miguel Filgueira.
A visita permitirá coñecer as boas prácticas da cidade de Graz en relación á mobilidade urbana sostible: zonas verdes de Espazo Compartido, o centro de mobilidade, as innovacións no transporte público, a política ciclista entre outros aspectos.
Xornadas como as de Graz pretenden dar a coñecer exemplos de boas prácticas en mobilidade e no transporte urbano, polo que están pensadas para políticos locais e funcionarios municipais, así como para outras entidades vinculadas ao sector do transporte urbano.











