Policía Local e Protección Civil de Ferrol colaboran na rehabilitación de condenados por delitos contra a seguridade vial
A Concellería de Seguridade e Servizos do Concello de Ferrol que dirixe Pablo Cal Martínez, a través de Protección Civil e da Policía Local, colabora con Instituciones Penitenciarias na execución e cumprimento de penas por delitos contra a seguridade viaria. Así, dende o pasado mes de febreiro catro persoas condenadas por delitos viarios están cumprindo as súas penas consistentes en traballos en beneficio da comunidade participando nas tarefas propias da agrupación de voluntarios de Protección Civil.
Así, este grupo de persoas colaboran en tarefas e dispositivos en que participa Protección Civil. As súas xornadas de traballo en beneficio da comunidade son de seis horas; que completan coa asistencia a charlas formativas sobre seguridade viaria a cargo dos axentes municipais. Nestas charlas os policías abordan con eles temas específicos de sensibilización e reeducación; e nas mesmas tamén participan os propios voluntarios de Protección Civil.
Esta prestación social de carácter pública destínase a resarcir á sociedade polo delito cometido e a súa parte teórica, enmarcada dentro da estratexia de prevención especial, ten como único obxectivo evitar a reincidencia. Polo tanto, son moitos as persoas sancionadas xudicialmente que optan por cumprir a súa condena mediante este sistema.











