Pleno ordinario no Concello de Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal
A-
A+

O pleno da corporación municipal reunirase o vindeiro venres día 5, ás 19:30h, en sesión ordinaria.

O alcalde dará conta da liquidación do orzamento 2012 así como das resolucións adoptadas dende a última sesión.

A orde do día estará centrada pola imposición e ordenación da taxa por ocupación de dominio público con mesas, cadeiras, veladores, e elementos análogos (aprobación provisional),  o acordo de aprobación provisional do regulamento das instalacións de cafetería-restaurante do Fogar dos Maiores de Allariz.

O BNG presentará dúas mocións instando á Xunta de Galicia, para a retirada do anteproxecto de Lei da Reforma Local do goberno do PP no Estado e sobre o novo copago dos comedores escolares.

Ó remate os asistentes poderán participar na quenda de rogos e preguntas.

2 de abril de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.