Pintura e debuxos de Al Ciurluini na Casa da Cultura de Monforte de Lemos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMonforte de Lemos
A-
A+
Unha das pinturas de Al Ciurluini

Unha das pinturas de Al Ciurluini

Do 18 ó 30 de abril na sala de exposicións da Casa da Cultura poderá visitarse a Mostra de pintura e debuxos de Al Ciurluini.

A Mostra inclúe unha serie de obras pictóricas do artista ítalo-arxentino residente en Amandi. A apertura da exposición será o xoves 18 de abril ás 20:00 h., convidando ós asistentes a un viño da Ribeira Sacra.

Al Ciurluini, nado en Rosario -Arxentina, iniciou a súa carreira como ilustrador e deseñador gráfico no ano 1972. Do 1979 ao 1983 cursa estudos na Escola de Artes Visuais, onde estuda co mestre Hugo Padeletti, afondando no aspecto semántico compartido entre imaxe visual, dimensión poética e silencio. Tamén cos mestres de debuxo, pintura e composición visual Maggy Lezama e Eduardo Serón estuda escultura e gravado na Escola de Bellas Artes da Universidade Nacional de Rosario –Arxentina, 1987-1992. Formou parte do grupo SuperClip -Latinoamérica, década do 1970, expoñendo en mostras colectivas e dedicándose á ensinanza do debuxo. Dende o ano 1974 expón de forma individual e colectiva en Arxentina, Italia e España. Do 2002 ao 2005 viviu en Le Marche –Italia na rexión do seu pai, linotipista, logo chega a Barcelona, onde xunto con outros artistas pinta e ensina artes plásticas nun obradoiro aberto ata o 2009.

As súas imaxes concéntranse na figura humana e nos animais inmersos nun mundo onírico. As súas pinturas, debuxos, gravados e obxectos forman parte de coleccións privadas en Latinoamérica, Estados Unidos, Italia e España.

Esta Mostra céntrase nas impresións da vida na aldea de Amandi e dos seus arredores para un novo integrante da cotidianidade rural, proveniente do ámbito da cidade.

16 de abril de 2013 | 09:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.