publicidade hoxe

Pagamento único por fillo menor de 3 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraLocal
A-
A+

A Consellería de Traballo e Benestar concede unha prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de tres anos para o ano 2013.

BENEFICIARIOS: As persoas con fillos/as menores de tres anos a data 1 de xaneiro de 2013 (nacidos entre o 02/01/2010 e o 01/01/2013, inclusive) e que,por razón de ingresos obtidos durante o ano 2011, non estiveran obrigados/as a presentar a declaración do imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

Para obter a axuda, será requisito imprescindible que os pais do menor teñán a súa residencia en Galicia e que éste conviva co solicitante.

A prestación consistirá nun pagamento único de 360€ por cada fillo/a menor.

INFORMACIÓN E FORMALIZACIÓN DE SOLICITUDES: No departamento de Servizos Sociais, en horario de 9 a 14 horas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do día 2 de abril ao 11 de maio de 2013 (ambos incluídos).

24 de abril de 2013 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.