Paderne organiza unha excursión á festa da lamprea en Arbo
O próximo 5 de maio o Concello de Paderne realizará unha nova excursión dentro do programa “Paderne en Familia”; nesta ocasión o destino é a localidade de Arbo, na provincia de Pontevedra, que celebra a súa LIII edición da Festa da Lamprea.
Durante esta xornada de domingo, poderemos coñecer a vila e degustar o prato estrela, a lamprea, nas distintas formas de preparación: seca, rechea o una súa propia salsa acompañada dos mellores viños; todo isto amenizado polas actuacións de bandas de música, grupos folclóricos e bandas de gaitas. As mostras de artesanía e venta de productos da zona, son complementos atractivos para este día.
Pola tarde está programada unha visita ó casco vello de Porriño, localidade famosa polas súas canteiras de pedra. En Porriño, si o tempo o permite, poderemos contemplar unha exposición na rúa dos Mallos.
Comezaremos o día ás 8 da mañá recollendo ás persoas polas distintas parroquias. Como sempre, poden asistir persoas de tódalas idades empadroadas no Concello de Paderne cunha aportación de 25 €.
Os interesados poden anotarse chamando ás Oficinas Municipais ata o día 30 de maio.