Ourense superou durante a Semana Santa o 92 % de ocupación hoteleira
A Concellería de Turismo fixo hoxe balance da ocupación hoteleira durante a Semana Santa que vén de rematar, cunha cifra dun 92% de prazas ocupadas. Catro establecementos (San Martiño, Carrís, Zarampaio e “La rotonda”) completaron a totalidade das súas prazas, e outros catro (Francisco II, NH, Irixo e Ac Allariz superaron o 90% de ocupación. O Princess e o Auriense, pola súa banda, pecharon o período vacacional cunha ocupación superior ao 70%.
Debido ás malas previsións meteorolóxicas, producíronse cancelacións en torno a un 15%, que foron posteriormente cubertas a través de reservas on line ou ben dende as plataformas “booking”. Nun 70% dos casos, a ocupación realizouse por reserva previa.
58% de turistas galegos
Sobre a procedencia dos visitantes, e segundo as propias enquisas realizadas nos establecementos, é salientable a cifra de galegos que visitaron a nosa cidade neste período vacacional, cun 58%. Por provincias, A Coruña sobresae cun 37% do total dos turistas.
No referido a turistas procedentes doutras comunidades, nun 12,5% eran asturianos, nun 7,69 madrileños, nun 6% cataláns, nun 5,13% vascos, nun 5% de Castela León, e nun 2% das Baleares. O listado de turistas procedentes do estranxeiro o encabeza Portugal, Reino Unido, Francia e Xapón.
Ruta termal e gastronomía
En canto á información demandada, as peticións dos turistas centráronse na ruta termal, situacións das instalacións termais, desprazamentos horarios, e recomendacións sobre establecementos gastronómicos, restaurantes, e zona de tapas no Casco Histórico.
As estacións termais da Chavasqueira e Outariz acadaron unha ocupación dun 100%. Ademáis, os usuarios puideron desfrutar tamén das instalacións termais no centro da cidade, no Centro Termal das Burgas, gratuítamente.
As consultas foron realizadas sobre 10 establecementos como mostra de ocupación, entre o 28 e o 30 de marzo: Princess, San Martín, Francisco II, Auriense, Irixo, NH, Carrís, Zarampaio, AC Allariz e La Rotonda.











