Ourense reivindica a saúde cunha campaña de doazón de sangue na Praza Maior
A Concelleira de Xuventude e Participación Cidadá, María Devesa, presentou esta mañá, no Salón de Plenos do Concello, acompañada dun representante da Asociación Xuvenil, “Anacos da Cidade” e Antonio Carcedo, do Centro de Transfusión de Sangue.
A Concellería de Xuventude e Participación Cidadá en colaboración co Centro de Transfusión de Sangue (CTG) impulsa esta iniciativa que ten como obxectivo promover a participación das asociacións xuvenís e do movemento veciñal nunha campaña divulgativa e de sensibilización cidadá dirixida a potenciar a doación de sangue.
A transfusión de sangue converteuse nunha parte imprescindible na actual asistencia sanitaria. O incremento da esperanza de vida, a creación de unidades de medicina intensiva, e as necesidades constantes dalgúns enfermos, antes considerados irrecuperables, fan que a demanda de sangue sexa crecente.
Ante esta situación, o Concello da comezo a unha campaña de sesibilización e concienciación sobre a importancia das doazóns que leva por título “Solidariedade nas veas” e as persoas que desexen participar poderán acudir á unidade móvil que se instalará o próximo xoves, día 25 de abril, na Praza Maior, en horario de 09:30 h a 14:30 h pola mañá e de 15:30 h a 21:00 h pola tarde.
A concelleira suliñou a importancia das doazóns e que se trata dun “acto tan sinxelo coma valioso, con repercusións tan positivas que debemos formentalo con todos os medios que teñamos. Por descoñecemento, por medo, por preguiza… ás veces, non nos atrevemos a dar o paso e doar sangue, un acto que pode salvar vidas. Por iso queremos animarvos a doar sangue”.











