Ourense realizará investimentos na cidade por importe de 5,4 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O Concello de Ourense realizará investimentos por importe de 5,4 millóns de euros na cidade durante o presente ano 2013. Así o prevé o borrador do anexo de investimentos dos Orzamentos do Concello, que prepara o goberno municipal. O concelleiro de Economía e Facenda, José Ángel Vázquez Barquero informou esta mañá en xunta de área aos grupos municipais de PP, BNG e DO acerca do plan de investimentos que o goberno prevé desenvolver ao longo deste ano.

A meirande parte será con financiamento por parte do Concello (4,5 millóns de euros) e os restantes 885.600 procederán dos convenios asinados coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento para a rehabilitación nas áreas de rehabilitación integral do Casco Vello, Seixalbo e O Polvorín – As Camelias.

Entre os investimentos previstos salienta o desenvolvemento do Plan Estratéxico Termal. Así, o anexo prevé a intervención  na posta en valor da zona das Burgas, coas expropiacións necesarias para a súa execución (1.050.000 euros).

Xunto a elas, salientan as actuacións de mellora de abastecemento e saneamento (427.786,24 euros), o convenio con Acuanorte para a renovación do abastecemento de auga á cidade, os Orzamentos Participativos (250.000 euros), ou o novo plan de Urbanismo (108.900 euros), entre outras.

24 de abril de 2013 | 15:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.