publicidade hoxe

Ourense propón ao Concello de Coles maior coordinación nos seus PXOMs

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaColesLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local tomou coñecemento, na súa xuntanza desta mañá do informe técnico sobre o documento de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordeación Municipal de Coles e remitilo a este concello aos efectos oportunos, xa que neste momento se atopa en fase de exposición pública e débense facer as pertinentes aclaracións ou peticións vía alegación, conforme á lei 9/2002, que regula este tipo de procedementos.

O Concello de Ourense presenta, ao documento sinalado, unha alegación que ten por obxecto sinalar unha serie de observacións e consideración que poderían ser tidas en conta no documento do Plan Xeral de Ordeación Municipal de Coles cara a coordinación deste cos documentos de planeamento en vigor, e en redacción, do Concello de Ourense, xa que ambos documentos teñen partes comúns e débese dirixir unha actuación urbanística conxunta en aquelas zonas limítrofes.

O servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Ourense suliña que ambos Plans han de coordinarse nas áreas colindantes de ambos municipios. Os informes técnicos do Concello de Ourense propoñen que en aquelas áreas colindantes clasificadas de núcleo rural a calificación do solo sexa igual e continuada.

Naquelas áreas colindantes dos municipios con clasificación de solo rústico debe coincidir o tipo de protección en solos colindantes co fin de coordinarse ambas administracións e especialmente nas Ribeiras do Miño, de especial relevancia, como solo de especial protección de espazos naturais.

Respecto das infraestructuras, a alegación propón incluír no documento do Plan Xeral de Coles a alternativa proposta polo Ministerio de Fomento do trazado da autovía de Ponferrada a Ourense que afecta a este municipio, así coma a estrada OU-0504 en Barra de Miño.

Así como recoller a consideración de Ben de Interese Cultural e a súa especial protección, do Camiño Real do Camiño de Santiago, dacordo á Lei 3/1996 de 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago e dende o punto de vista arquelóxico, ter en conta os xacementos arquelóxicos cuxas áreas de protección se adentren nos xacementos limítrofes, coordinando a información arquelóxica existente, co equipo redactor do Plan de Urbanismo da cidade de Ourense.

Os servizos técnicos de enxeñería, arqueoloxía e arquitectura municipal, suliñan nesta alegación o feito de que ambos plans debe estar coordinados e colaborar entre sí para evitar dupliciadas ou calificacións diferentes do solo.

Para este fin, en xaneiro de 2013, o enxeñeiro municipal remite ao Concello de Coles a nova Cartografía Municipal, na que se suliña de xeito preciso a liña de termo común aos municipios de Coles e Ourense, actualizada dacordo ás actas de deslinde e traballos de campo realizados en 1921, 1935, 1943 polo Instituo Xeográfico Nacional.

4 de abril de 2013 | 15:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.