Ourense moderniza e axiliza os procedementos administrativos urbanísticos, coma licenzas e autorizacións
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa xuntanza desta mañá, o proxecto da nova Ordenanza Municipal reguladora de Actos de Natureza Urbanística, que ten coma obxectivo principal mellorar as relación entre os cidadáns, axentes sociais e a Administración Municipal respecto da obtención de licenzas e autorizacións.
A norma “facilitará a execución das obras e a implantación de actividades, dando un paso adiante respecto da normativa existente na actualidade”, segundo a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, que presentou a Ordenanza completa esta mañá no Salón de Plenos.
Este proxecto, que será elevado ao Pleno para a súa aprobación definitiva, regula de xeito concreto e conxunto o réxime aplicable aos actos urbanísticos, coma a obtención de licenzas ou autorizacións.
Esta Ordenanza, que conta co antecedente da aprobada no ano 2011, é un instrumento para mellorar e axilizar os procedementos administrativos, contribuíndo a diminuir o tempo de obtención de autorizacións urbanísticas e facilitando a súa obtención, sen mermar a seguridade xurídica.
Dende o ano 2011, as novas normas en materia urbanística, medioambiental e de procedemento administrativo, levan aos técnicos municipais a considerala necesidade de redactar una Ordenanza completa que profundizase os criterios e determinacións xa regulados e por outra banda, acometer una labor de clarificación, modernización e axilización dos procedementos administrativos vencellados ás licenzas, buscando convertir os procesos de petición e obtención das mesmas en actividades rápidas, cómodas e transparentes, en consoancia ao nivel esixible dos servicios administrativos municipais.
Novas esixencias en materia de ruídos para incrementar o benestar acústico
Así mesmo, a Xunta de Goberno Local, na mesma xuntanza, acordou a modificación da Ordenanza Municipal sobre a Protección contra Ruídos e Vibracións do Concello de Ourense, aprobada polo Pleno do Concello en sesión ordinaria o 3 de maio de 2012, e que ten demostrado ser un documento eficaz na loita contra a contaminación acústica.
A súa modificación inclúe novas esixencias para locais e establecementos de restauración e salas de conferencias, engadindo ao seu aillamento acústico, a mellora da calidade sonora dos espacios comúns, esixindo agora límites á reverberación.
Esta nova esixencia contribúe a mellorar o “confort acústico” e protexer aos veciños e veciñas fronte a contaminación acústica, coa inclusión dun apartado sobre “reverberacións”, o seu cálculo, aplicación e entrada en vigor.
A modificación faise a solicitude dos técnicos municipais, para adaptala normativa ás novidades introducidas no Código Técnico de Modificación, e foi remitida aos 4 Grupos políticos que forman parte da Corporación Municipal para a súa deliberación e aprobación. Acordado agora pola Xunta de Goberno, será sometido á consideración do vindeiro Pleno Municipal.
A modificación da Ordenanza de Ruídos afecta concretamente ao artigo 27 da sección 6ª, “Condicións de instalación e apertura de actividades” do Capítulo III, “Criterios de prevención específica”, engadindo un novo apartado, quedando redactado como segue:
Artigo 27.1 d) Tempo de reverberación e valores máximos:
O tempo de reverberación e o tempo, expresado en segundos, necesario para que o nivel de presión sonora diminúa 60 decibelios, depois do cese da fonte. En xeral en función da frecuencia. Os valores das esixencias establecidos coma límite, entenderanse coma a media dos valores 500, 1000 e 2000 Hz.
O conxunto dos elementos constructivos, acabados superficiais e revestimentos que delimitan cada un dos distintos espazos que a continuación se detallan, Terán a absorción acústica suficiente de tal xeito que:
– O tempo de reverberación nas aulas e salas de conferencias baleiras (sen ocupación e sen mobiliario) cuxo volumen sea menor que 350 m3, non será maior que 0,7 segundos.
– O tempo de reverberación en aulas e salas de conferencias baleiras, pero incluíndo o total das butacas, cuxo volumen sea maior de 350 m3, non será maior que 0,5 segundos.
– O tempo de reverberación en cafés, bares, café- bares, cafeterías, restaurantes e comedores baleiros, é dicir, sen ocupación de mobiliario, non será maior que 0,9 segundos.
Estas esixencias aplícanse a este tipo de recintos en edificios de calquera uso.
Os valores de tempo de reverberación especificaranse e usarán os cálculos redondeados á primeira cifra decimal (Exemplo 1,25 = 1,3.
O custe de mellorar a absorción é inferior a 18 euros por m2, e parellamente este custe implica diminuir os custes de aillamento nun 25% sendo unha inversión menor, que repercute na mellora do Benestar do cidadáns.
A Ordenanza recolle un novo anexo (Anexo V) sobre o cálculo do tempo de reverberación, aplicando o “coeficiente de absorción acústica”, empregando unha fórmula aritmética, entre a capacidade do espacio (m3) e a súa capacidade para absorver os ruidos que nel se poden producir (m2, calidade dos materiais, ruídos…).
A disposición transitorio fai referencia a aquelas licenzas que se poidan ver afectadas por este cambio de Ordenanza, estipulando que os que se atopen en trámite de concesión de licenza manterán o establecido no procedemento vixente no momento no que se iniciaron, non posuído esta modificación eficacia retroactiva.
A modificación foi comunicada por técnicos e arquitectos hai tres meses aos grupos políticos, debido a súa idoneidade e arquitectos e aparelladores están a recibir xornadas de formación sobre as implicacións desta modificación e a súa importancia e a relaizacións dos cálculos de absorción, para que o cambio da Ordenanza non implique ningún obstáculo para a súa aplicación e a súa implantación sexa a adecuada.











