Ourense e 33 asociacións e colexios profesionais únense na X Feira da Saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

29042013-17A Concellería de Saúde do Concello de Ourense, coa colaboración de 33 asociacións sanitarias e colexios profesionais do ámbito da saúde que desenvolven o seu labor na cidade, organizan a X Feira da Saúde, que terá lugar os vindeiros días 8 e 9 de maio na Alameda. Esta actividade ten como finalidade poñer en valor e visibilizar o importantísimo labor que realizan en Ourense as asociacións sanitarias, proporcionándolles un punto de encontro cos veciños no que achegarlles os diferentes servizos e recursos que poñen a disposición dos cidadáns.

Tamén se pretende fomentar a interrelación e colaboración entre as diferentes asociacións ourensanas, proporcionándolle este punto de encontro entre elas e tamén cos veciños. Ao longo de dous días, 8 e 9 de maio, desenvolveranse tamén diferentes actividades divulgativas e de sensibilización, como charlas e obradoiros, entre outras. Entre elas, o Concello e o colexio de veterinarios presentarán unha campaña de sensibilización sobre a importancia da identificación de mascotas, coa que se facilitará aos interesados a posibilidade de poñer o microchip identificativo as súas mascotas por un prezo máis barato ao habitual.

A Feira da Saúde, nesta décima edición, incrementa o número de participantes, xa que incluirá un total de 33 colectivos, entre asociacións e a totalidade dos colectivos profesionais do ámbito da saúde en Ourense.

Rexistros sanitarios gratuítos

Os visitantes da feira terán a posibilidade de realizar rexistros sanitarios gratuítos: rexistro de colesterol, glicosa, audiometrías, medicións oculares, valoración antropométrica, índice CO2, índice alcoholemia, tensión arterial, avaliación da condición física, asesoramento nutricional, rexistro de latexo do corazón, e tamén rexistros nas farmacias da cidade.

Conferencia e obradoiros

O programa complétase cunha conferencia, que se desenvolverá o xoves, día 9 de maio ás 19:30 horas, sobre “A hipertensión, vostede é o experto”, a cargo de Carlos Menéndez Villalva, no Centro de Desenvolvemento de Novacaixagalicia, na Avenida de Pontevedra, 9.

Tamén haberá obradoiro Taichi na rúa para todos; ás 11:30 e ás 18:00 horas

Obradoiro sobre “O sal invisible”, con degustacións, charlas, cociña sen gluten, exposicións, xogos, adopción de mascotas da canceira, campaña “O microchip é necesario e obrigatorio”.

Tamén haberá sesións de música en vivo, con Escorba Jazz

29 de abril de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.