Ourense convoca un concurso fotográfico de Lactación Materna, con 2 premios e 8 accésits

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense convoca o V Concurso de fotografía sobre a Lactación Materna. A Xunta de Goberno Local, na súa sesión desta mañá, aprobou as bases da convocatoria, coa que o Concello se une aos obxectivos de saúde previstos polas organizacións internacionais vixentes OMS, UNICEF: “Estratexia mundial para a alimentación do lactante e do neno pequeño” e “Plan de acción Europeo para a protección, promoción e apoio á lactancia materna en Europa”, co fin de normalizar a cultura da lactancia materna a través da visibilización da muller en actitude de aleitar

Poderá participar no concurso calquera persoa maior de 18 anos e residente en España que presente fotografías orixinais. Haberá un primeiro premio dotado con 1000 euros, un Premio Lactancia Local (residente no municipio de Ourense) dotado con 200 euros, oito accésits dotados con 100€ cada un

O tema principal será a lactancia materna en todos os seus ámbitos. Atendendo ao obxectivo de normalizar a cultura da lactancia materna valoraranse especialmente as imaxes que traten da lactación en espazos exteriores ou públicos.

Cada concursante poderá presentar un máximo de 2 fotografías, en papel fotográfico e soporte informático. No dorso da fotografía e no CD deberá figurar o pseudónimo do autor. As obras remitiranse por correo certificado, por axencia ou en man nun sobre pechado coa única indicación de V Concurso Fotografía Concello de Ourense: Lactancia Materna 2013, Concello de Ourense, Rexistro Xeral, Praza Maior, nº1, 32005 OURENSE.

O prazo de admisión de solicitudes será desde a publicación destas bases ata o 10 de setembro de 2013. A decisión do xurado farase pública no mes de outubro e será notificado de forma oficial aos premiados.

18 de abril de 2013 | 15:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.