Os versos de Rosalía enchen a rúa Principal do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

A área de Educación e Normalización Lingüística do concello do Carballiño, dirixida pola edil Piar Caride, encheron cos versos de Rosalía de Castro a rúa Principal, imprimindo sobre a calzada as estrofas do seu popular “Adeus ríos, adeus fontes… ” incluído no libro Cantares Gallegos, do que se cumpren este ano o 150 aniversario da súa publicación.

Dáse a circunstancia que é precisamente a rúa que leva o nome da poetisa galega a que acolle esta mostra. Os versos parten dende a Praza Maior e percorren todas esta rúa, para que veciños, visitantes e curiosos, se acheguen á obra da autora. Ademais cada negocio desa rúa mostra nos seus escaparates os carteis realizados dende Normalización Lingüística, nos que se recollen distintos fragmentos da citada obra Cantares Galegos, con ilustracións de Rosalía.

Esta homenaxe tivo como colofón a actuación da orquestra do conservatorio do Carballiño, que interpretou dúas pezas inspiradas na obra de Rosalía, e o himno galego.

25 de abril de 2013 | 15:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.