Os servizos sociais tramitan as prestacións económicas de 360 € por fillos/as menores de 3 anos
As axudas de 360 € as poden solicitar aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de 3 anos o 1.01.2013 (nacidos entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) e, que durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar tivesen a obriga de presentar a declaración de IRPF correspondente a este período, nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31.12.2011 e o 31.12.2012 a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. O prazo remata o 11 de maio.
En canto aos campamentos de verán poden solicitar prazas a mocidade nacida entre o ano 1995 e 2004, tendo en conta que os/as nados/as no ano 1995 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento e os/as nados/as no ano 2004 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
As solicitudes se tramitan no Concello ou na OMIX.O prazo remata o 17 de abril de 2013.











