Os rapaces do Concello de Cotobade, celebraron este sábado 27 o Día do Libro

Cativos que participaron na xornada lúdica
O acto tivo lugar na Biblioteca de Carballedo ás 12:30 da maña.
Vinte rapaces maioritariamente de 3 e 4 anos celebraron o día do libro na Biblioteca de Carballedo cun un conto en inglés, aproveitando tamén a celebración de San Xurxo o contacontos foi ?Saint George and the Dragon?
A Biblioteca engalanouse para ese día con motivos representativos do conto, e ademais os cativos aproveitaron a xornada para outras actividades de máscaras e globoflexia.
No acto fixose entrega do premio a Lorenzo J. Meijón Pazos, á mellor traballo no Concurso de Redaccións: Miña nai Traballa, convocado polo Concello con motivo do 08 de marzo. A mención foi para o CEIP Plurilingüe de Carballedo, por ser o centro que mais traballos presentou ao concurso, un total de 35.











