Os mellores lectores serán premiados no día do libro infantil nunha biblioteca vestida de azul

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Biblioteca Pública Rosalía de Castro volve a conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa entrega de premios aos dez mellores lectores e usuarios da rede de bibliotecas e axencias de lectura do municipio. O acto terá lugar este martes, 2 de abril, data na que tamén se conmemora o Día Internacional do Autismo, de aí que a Biblioteca estará decorada con globos azuis como mostra de solidariedade coas persoas que sofren esta doenza.

A deste ano é a décimo terceira edición dos Premios aos mellores lectores/usuarios da sección infantil e xuvenil da Rede Municipal de Bibliotecas. Con esta iniciativa, o centro pretende premiar a constancia e fidelidade dos máis pequenos na utilización do servizo de préstamo, ademais de fomentar a utilización da Biblioteca e os hábitos de lectura dende a infancia. Os premios concédense entre todos os usuarios infantís e xuvenís dos da Biblioteca Rosalía de Castro e das Axencias de Lectura de Carril, Bamio e Vilaxoán.

Como cada ano, a Biblioteca premiará aos dez nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que ao longo do último año tiveran utilizado con maior frecuencia o servizo de préstamo. Ademais, os galardoados teñen que ter cumpridos outros requisitos recollidos nas bases dos premios como posuír a tarxeta de préstamo cunha antigüidade igual ou superior a 6 meses ou ter retirado libros en préstamo ao longo do último ano, alomenos en 4 meses distintos. Para que os premios cheguen ao maior número de usuarios e cumpran deste xeito o efecto motivador que perseguen, as bases establecen que non se pode premiará a unha mesma persoa en máis de dous anos consecutivos.

Os dez premiados recibirán como recoñecemento a súa fidelidade ao servizo de préstamos da Biblioteca un diploma acreditativo como mellor lector/usuario do ano, e como agasallo un lote de libros en galego e castelán adaptados á idade de cada lector.

RELACIÓN DE PREMIADOS COMO MELLORES LECTORES/USUARIOS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO A DOMICILIO (SECCIÓN INFANTIL/XUVENIL) DA REDE MUNICIPAL DE BIBLIOTECAS NO ANO 2013

Aster Bouza Freire-Lestón

Alba Rodríguez Doval

Miguel De La Torre Rodríguez

Laura Fernández Blanco

Samson Bouza Freire-Lestón

Raúl Costoya Rendo

Irene Ameneiro Franco

Clara Senín Sánchez

Sofía Rodríguez Doval

Daniel Silva Crespo

Alejandro Baños Bouzas

1 de abril de 2013 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.