Os escolares e a música protagonizan o segundo día das Xornadas Literarias de Neda
A undécima edición das Xornadas Literarias de Neda trasládanse esta tarde á Casa das Palmeiras, na real vila. Centradas na figura e obra do Premio Nobel de Literatura Thomas Mann, están organizadas polo Concello de Neda en colaboración coa Facultade de Huma-nidades para conmemorar o Día Mundial do Libro. Escolares e música protagonizarán a segunda xornada deste certame, que onte se inauguraba no Campus de Ferrol.
Na xornada de hoxe, que arrancará ás 19,30 horas, terán un papel destacado os alumnos e alum-nas do Clube de Lectura da Biblioteca do IES Fernando Esquío. Centrarán a súa participación na obra de Thomas Mann “Morte en Venecia”. O seu taller precederá a intervención de Anna Rossell, que continuará a profundizar na vida, traxectoria e obra do autor. De seguido, coloquio aberto á participación do público asistente e, pechando as xornadas, música. Concerto da artista Beatriz García e o seu tributo ao Cabaret dos anos 30. Iso si, con traslado de escenario, xa que o recital celebrarase na Casa da Cultura.
Así mesmo, mañá venres, a Asociación Galega de Xermanistas, representados en Silvia Aldrei e Alba Viñas, impartirán un curso básico de alemán, unha das actividades máis novidosas das xornadas. A tradutora e profesora da Facultade de Filoloxía da USC, Rosa Marta Gómez Pato, ofrecerá a conferencia “De viaxe con Thomas Mann”. E, de seguido, tomará o relevo José Manuel Sande, programador do CGAI e especialista en cine e literatura. A súa intervención leva por título “Anxos da morrte e demos: Thomas Mann e o cine” e, tras un turno para que o público asistente expoña a súa visión sobre os coloquios, procederáse á proxección do filme “Muerte en Venecia”, dirixido por Luccino Visconti. Por último, a clausura das xornadas correrá a cargo do alcalde de Neda, Igna-cio Cabezón Lorenzo.











