Os escolares de 4 colexios da cidade participan no Certame de Teatro Intercentros

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Castelao e Domínguez asistindo ás representacións

Castelao e Domínguez asistindo ás representacións

As concelleiras de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, asistiron á sesión do Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Coordinadora Comarcal de Normalización Lingüística e o Concello. Participaron catro centros de primaria da cidade: López Ferreiro, San Jorge, Lamas de Abade e Vite. Antes do inicio das diferentes representacións, María Castelao destacou o valor deste certame para “fomentar as habilidades artísticas dos rapaces e como forma de xuntanza e convivencia entre centros”. Pola súa parte, Rebeca Domínguez, agradeceu tanto á Coordinadora Comarcal de Normalización Lingüística como aos docentes dos centros o esforzo realizado para por en escena unhas obras de “moi bo nivel”. Case 200 nenos e nenas asistiron ás representacións no CEIP López Ferreiro.

12 de abril de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.