Os comercios locais abrirán o 27 e 28 de abril para promocionarse durante a Copa de España de Maratón
O Concello de As Pontes continúa apostando polo comercio local, de ahí que, onte a concelleira de Promoción Económica, Montserrat García, presidise un encontro con representantes do comercio local co fin de poñer en marcha novas medidas orientadas a facilitar a súa actividade e a súa posta en valor.
60 comerciantes ponteses tomaron parte onte nesta convocatoria na que se acordaba abrir os comercios durante a fin de semana do 27 e 28 abril, coincidindo coa celebración da Copa de España de Maratón de Piragüismo, aproveitando que atraerá ata As Pontes a moitos visitantes de todo o territorio nacional.
Así as cousas, os comercios locais abrirán o día 27 en horario de mañá e tarde e o domingo día 28 tan só en horario de mañá para ofrecer aos visitantes os seus interesantes productos.
Dende o Concello, e aproveitando as roitas turísticas que se establecerán para os visitantes, facilitaráselles información a través de folletos publicitarios sobre o comercio e os produtos típicos ponteses.
Un dos puntos máis salientables desta iniciativa pasa por dar a coñcer e promocionar un produto típico de As Pontes, de recoñecido prestixio, como son as manteigadas, de ahí que se acordara coas panaderías locais o ofrecer desgustacións gratuítas deste produto a todos os visitantes que se pasen polas súas instalacións durante a vindeira fin de semana.
De feito, neste senso, segundo apuntaba a concelleira Montserrat García, “dende o executivo local volverase apostar polo noso comercio e polos nosos produtos, nunha ocasión única para darse a coñecer a nivel nacional, como é a Copa de España de Maratón, cita que queremos aproveitar ao máximo”.
García tamén subliñou que, “aínda que é unha experiencia nova para o sector, non podemos deixar pasar esta oportunidade de desenvolvemento económico que se abre co lago. Esta é unha ocasión única paa promocionar o noso comercio, hostalaría e os productos típicos de As Pontes”.
Finalmente, Montserrat García apuntou que o executivo local continuará a traballar pola promoción económica destes sectores e ofreceu aos comerciantes e hostaleiros locais todo o apoio e axuda para seguir ese camiño marcado, en prol de facer de As Pontes un punto de referenza de calidade e servizo así coma un referente turístico.











