Os alumnos do obradoiro de emprego “Tui emprende” participaron en “Empregalia”

Alumnos na visita a “Empregalia”
Os 32 alumnos do Obradoiro de Emprego “Tui Emprende 2012” participaron en días pasados na I Feira do Emprego de Galicia “Empregalia” celebrada na cidade de Vigo nas instalacións do Consorcio da Zona Franca en Bouzas.
Nesta visita os alumnos tiveron ocasión de entregar persoalmente ás trinta e seis empresas e Ong participantes os seus “curriculums”. Esta visita forma parte das actividades de formación e asesoramento no proceso de búsqueda de emprego que é un dos obxectivos da actividade formativa que se desenvolve no Obradoiro de Emprego.
Os alumnos do obradoiro de emprego combinan a realización das obras de rehabilitación da antiga escola de Chans – Randufe e o acondicionamento do Centro de Formación do Concello de Tui, ubicado en Gándara – Guillarei, coa formación teórico práctica nas diversas especialidades que imparte este Obradoiro de Emprego (albanelería, instalación de elementos de carpintería e pintor – instalador de prefabricados lixeiros), o tempo que, con actividades como a anteriormente enunciada, ofrecese apoio e acompañamento no proceso de búsqueda de emprego.











