Os alumnos de piano do conservatorio de Vilagarcía ofrecen un concerto no auditorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os alumnos de Piano dos graos elemental e profesional do Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía son os protagonistas do concerto que terá lugar mañá, 18 de abril, pola tarde no Auditorio Municipal. O Departamento de Tecla organiza a actividade na que os pianistas interpretarán composicións de todas as épocas e estilos de compositores como Bach, Mozart, Haydn, Clementi, Tchaikovsky, Mendelssohn, Chopin, Moszkowsky, Kavalewsky, Vanhal, Sarauer, entre outros. O concerto comeza ás 19:00 horas e a entrada é libre e de balde.

O obxectivo deste tipo de concertos é proporcionar ao alumnado a oportunidade de participar como solistas nun concerto público no Auditorio e cun piano de cola. É unha iniciativa do Departamento de Tecla que persegue deste xeito afondar na formación dos pianistas na súa vertente como solistas deste instrumento, posto que se trata dunha especialidade que non forma parte de xeito permanente de ningunha das grandes agrupacións do Conservatorio. Por iso, este Concerto pretende que os alumnos e alumnas de piano se vaian consolidando progresivamente como intérpretes solistas.

Aparte dos profesores, participan alumnos de todos os profesores do Departamento, Vladimira Smausova, Rosina Sobrido, Javier Vila e Juan M. Carou.

17 de abril de 2013 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.