Os afeccionados ao hóckey poderán asistir o sábado ao partido entre Liceo e R. Patí Vic

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportesLocal
A-
A+

01042013-25Dentro da liña constante que o Concello de Carral se marcou na promoción e divulgación do deporte, a concellaría de Deportes está a organizar unha serie de actos de exhibición e viaxes deportivas dirixidas aos habitantes da localidade. Con esta finalidade o departamento rexido polo edil Diego Otero, organiza este sábado, unha viaxe dirixida aos afeccionados ao hóckey do municipio para asistir ao encontro da OK liga que enfrontará ao HC. COINASA LICEO co RONEATO PATI VIC no Pazo dos Deportes de Riazor a partir das 18:00 horas.

Este acto divulgativo non se podería levar a cabo sen a inestimable participación do HC Coinasa Liceo que, ao igual que noutras moitas ocasións, achega as entradas para os afeccionados carraleses, mostrando con iso a súa implicación na promoción e o fomento deste deporte.

As prazas están destinadas a xente de todas as idades que contarán coa posibilidade de asistir a un evento deportivo de primeira liña, como é un partido da Liga Nacional de Hockey. O prazo de inscrición remata o venres 5 ás 19.00 h, e poderase formalizar no tel. 981 67 25 80, no correo electrónico deportes@concellocarral.com, ou na Casa da Cultura do Concello de Carral.

1 de abril de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.