“Ortigueira literaria dixital” convoca o III Concurso de Microrrelatos
“Ortigueira literaria dixital” se suma á conmemoración do mes do libro coa convocatoria do segundo concurso, de ámbito municipal, de redacción de microrrelatos, destinado a alumnado de secundaria e de bacharelato. Os tres mellores textos, que haberán de entregarse antes do martes 29 de abril, levarán premio.
A iniciativa, dirixida especificamente aos estudantes do IES de Ortigueira, consistirá na presentación de pequenos relatos inéditos, escritos en lingua galega. En definitiva, trátase de condensar unha historia, con personaxe, escenario e unha acción en menos de 120 palabras.
Os mozos interesados en participar neste singular certame literario deberán enviar un correo electrónico a ortigueira@rbgalicia.org con dous arquivos adxuntos, en formatos word, openwriter ou similares. No primeiro, figurará o texto proposto para o concurso. No segundo, incluiranse os datos persoais e de contacto do autor, ademais do seu pseudónimo e o título do relato presentado.
A selección dos textos gañadores corresponderá a un xurado integrado por dous membros do profesorado do instituto e outros tantos representantes da comisión promotora de “Ortigueira Literaria dixital”, proxecto cultural liderado pola Concellaría de Cultura.
A persoa autora do mellor relato gañará un lector de libros electrónicos, en tanto que o segundo e terceiro clasificados/ás levaranse un lote de libros. Ademais, segundo establecen as bases do concurso, todos os microrrelatos se publicarán no blog de “Ortigueira Literaria dixital”, co pseudónimo do seu autor/a.











