Orlanda Gomes inaugura a súa exposición de pintura mañá no auditorio de Goián en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalTomiño
A-
A+

A Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño inaugura mañá, 5 de abril, a exposición pictórica de Orlanda Gomes de Faria.

A inauguración terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio de Goián.

Orlanda Gomes de Faria, nada en Madeira, Portugal, e residente en Tomiño na actualidade, amosará a colección “Olladas de muller”, composta por 16 óleos de estilo realista, entre os que hai bodegóns, flores, paisaxes, etc.

A pintora, que viviu moitos anos en Venezuela, deuse a coñecer en Tomiño na pasada edición da mostra de pintura que o Concello organiza todos os anos durante as Festas do Alivio. Cristina Martínez, concelleira de Cultura, explicou que o éxito obtido polos cadros de Orlanda Gomes, levou á concellaría a pensar na posibilidade de organizar unha exposición individual.

A mostra permanecerá aberta entre o 5 e o 21 de abril, todos os días de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 horas.

Por outra parte, Xuxo Malone (artista autodidacta nado en A Guarda e veciño de Tomiño na actualidade) exporá “Imperfeccións”, unha mostra escultórica  con diferentes técnicas, entre o 18 de maio e o 2 de xuño. A inauguración desta última mostra será o día 18 de maio ás 20.00 horas.

4 de abril de 2013 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.