Oleiros organiza un mesa redonda sobre o Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

A Concellería de Ensino e Xuventude de Oleiros, organiza o día 3 de abril ás 20:00 horas no auditorio da Fábrica unha mesa redonda baixo o título TDAH, distintas visións na súa abordaxe terapéutica.

No simposio participarán cinco profesionais de diversos ámbitos relacionadas con este trastorno que a través das súas experiencias, coñecementos e opinións achegaremos e presentaremos ás persoas asistentes a problemática do TDAH (Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade) nas distintas etapas evolutivas: infancia, adolescencia e idade adulta.

O obxectivo fundamental é o de presentar as distintas opcións terapéuticas para tratar as persoas que padecen TDAH, así como o de crear un punto de debate entre os asistentes e os relatores ante este trastorno de tan frecuente diagnóstico na actualidade.

2 de abril de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.