Oleiros conta cunha nova pala escavadora para traballos de mantemento e conservación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros recibiu esta mañá unha nova pala escavadora que se incorpora a maquinaria de traballo do Concello e que supuxo un investimento total de 72.116 euros. Esta máquina de nova adquisición está destinada ao Departamento de Servizos Municipais e reforzará a infraestrutura para o mantemento e conservación das rúas e camiños de titularidade municipal.

Ademais de realizar a conservación e mantemento de camiños será utilizada nas reparacións da rede de saneamento e pluviais feitas por persoal propio do Concello o que abaratará os custos, así coma outras tarefas de retirada de escorrementos de terras e demais traballos asociados ao mantemento e conservación do patrimonio municipal.

A nova maquinaria está equipada coa tecnoloxía máis avanzada, inclúe no seu equipamento: brazo longo de 1770 mm para acadar maior profundidade de escavación e altura de descarga, cazos de distintas medidas para operar nos camiños, sistema powertilt especialmente indicado para a limpeza de gabias e marxes das vías, sistema de monitorización por satélite para a localización e seguimento da produtividade vía GPS.

3 de abril de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.