Oleiros acolle o concerto “Un mundo de música e letras”
O Concello de Oleiros acollerá un concerto de música clásica no que, baixo o título “Un mundo de música e letras” se interpretarán obras de Schumann, Enrico Manardi, Manuel de Falla, Béla Bartok, Xoan Montes, Celso Machado, Eduard Toldrá.
O elenco estará formado por Lito Iglesias ao violonchelo e Cristina Morales ao piano. O espectáculo musical interpretarase no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica o sábado 4 de maio ás 20.30 h. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. Está indicado para todos os públicos.











