publicidade hoxe

Oleada de roubos na Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaLocalLocal Portada
A-
A+

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, mostra a súa preocupación pola ola de roubos no municipio. Estes furtos prodúcense en todas as parroquias e levan cancelas, portais, útiles de labranza, etc. Todos estes, obxectos que despois se poden vender como chatarra.

O alcalde vai editar un bando municipal recomendando aos veciños e veciñas que o mellor será que avisen ao Concello para que pase a recollerlles todos aqueles obxectos dos cales se queiran desfacer e o persoal do Concello levaraos posteriormente ao Punto Limpo da Lama.

Tamén lle recomenda que se deciden vender os seus obxectos como chatarra, esixan á persoa que llos compra algún tipo de documentación xustificativa da compra-venda, e por suposto, se son vítimas dun roubo, que procedan á posterior denuncia ante a Garda Civil.

Dende o Concello enviarase tamén unha petición ao Subdelegado do Goberno pedíndolle que esixa ás persoas que se dedican á compra-venda de chatarra a documentación que xustifique a transacción comercial e se non a posúen que a Garda Civil lles poida esixir que a depositen no Punto Limpo mentres non se aclare a procedencia de ditos obxectos.

11 de abril de 2013 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.