Ofrenda floral a Sir John Moore no Xardín de San Carlos no Concello da Coruña

Instante no que Carlos Negreira realiza a ofrenda floral
Esta mañá tivo lugar a ofrenda floral a Sir John Moore no Xardín de San Carlos, con motivo da visita á cidade de membros do International National Trusts Organisation. Esta rede internacional está a visitar a nosa comunidade, invitada por Tesouros de Galicia, coincidindo coa conmemoración, mañá, do Día Internacional dos monumentos, xa que a organización promove a conservación do patrimonio.











