O xurado do concurso da selección de gaiteiros de Teo conta cunha traxectoria de 9 trofeos en Lorient
O xurado que evaluará este domingo ós gaiteiros que aspiran a representar a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient son a mellor carta de presentación deste evento. Entre os tres, todos eles grandes mestres gaiteiros, xuntan no seu palmarés 9 trofeos Maccrimon en Lorient.
O xurado estará formado por Edelmiro Fernández, que ademais doutros galardóns e distincións posee o récord de trofeos en Lorient acadados nos anos 1995, 1996, 1998, 2001 e 2007; Daniel Bellón que se fixo co Maccrimon no 2003 e Alberto Coya gañador do trofeo no 2009. Eles serán os encargados de elixir aos catro gaiteiros que representarán a Galicia no festival intercéltico que se celebra en Francia, o maior escaparate mundial da música celta.
A elección realizarase este próximo domingo 21 de abril no Centro Sociocultural da Ramallosa dende as 17:00 horas. En total serán dez participantes que terán que interpretar coa gaita un tema do repertorio asturiano, un do repertorio bretón e cinco minutos de temas libres.
Está previsto que a entrega de premios se realice en torno ás 19:00 horas. Este concurso non ten dotación económica. Os catro seleccionados viaxarán gratuitamente a Francia para disputar o Trofeo Maccrimmon e disporán tamén de aloxamente e dietas gratis.
Mentras o xurado delibera despois das interpretacións o público poderá escoitar á Banda de gaitas de Forcarey, a banda seleccionada pola Delegación Galega do Festival para representar a Galicia este ano en Lorient.
Os premios serán entregados por Carme Hermida, concelleira de Cultura do Concello de Teo; José Sanín, director xerente do Obradoiro Sanín; Ignacio Pérez Ramos, delegado de Lorient entre os anos 2001 e 2012 e Geranio Torreiro, delegado de Lorient entre o 1975 e o 2001.











