O Tribunal cualificador acorda deixar sen efecto a proba de selección da praza de economista
O Tribunal cualificador das probas selectivas para a cobertura dunha praza de economista incluida na oferta pública de emprego do Concello de Ourense, acordou anular e deixar sen efecto o resultado da primeira proba deste proceso selectivo. O tribunal adoptou esta decisión á vista do informe emitido pola Asesoría Xurídica sobre esta convocatoria de oposición.
O goberno municipal respecta a decisión do tribunal e dará cumplimento á súa decisión nomeando un novo tribunal para desenvolver o proceso selectivo para a provisión desta praza.











