O Tribunal apraza ao venres a segunda proba das oposicións da Policía Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O Tribunal das probas selectivas convocadas polo Concello para a cobertura a través do sistema de concurso oposición por promoción interna de 3 prazas de oficial de Policía local acordou esta mañá aprazar ao vindeiro venres, día 12 de abril, a segunda proba da fase de oposición, inicialmente prevista para hoxe, luns. Esta proba consistirá na realización dun caso práctico, por parte dos aspirantes que aprobaran a primeira das probas, consistente nun exame tipo test, realizado  o pasado xoves, 4 de abril.

O Tribunal adoptou esta decisión á vista das reclamacións presentadas por alumnos que solicitaron a revisión dos seus exames.

Estes consistiran na realización dun exame tipo test de 120 preguntas con 4 alternativas de resposta referidas ao contido total do temario. Unha vez realizada esta revisión, e á vista das notas finais concedidas aos examinados, o Tribunal convocará aos aprobados a realizar dita proba práctica o vindeiro venres.

Toda a información acerca deste proceso selectivo está a disposición dos aspirantes e de tódolos interesados a través da páxina web do Concello de Ourense,www.ourense.es. No apartado Emprego municipal, incluíndo o exame teórico, realizado o xoves pasado, co cuestionario completo de preguntas e respostas.

8 de abril de 2013 | 15:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.