O tirador Juan Antonio Saavedra estivo en Carral ante un público entregado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportesLocal
A-
A+
Saavedra con rapaces asistentes á charla

Saavedra con rapaces asistentes á charla

Juan Antonio Saavedra Reinado, medalla de prata na modalidade de tiro nas Paralimpiadas de Londres 2012, impartiu o pasado xoves unha conferencia sobre a súa experiencia como deportista de elite e moi especialmente nos últimos Xogos.

Esta charla está incluída dentro do programa “Espello Deportivo”, promovido pola Deputación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, desenvólvese en varios concellos da bisbarra e ten como principal obxectivo impulsar o uso da lingua galega no mundo do deporte. O deportista pontevedrés de 39 anos, conseguiu a medalla de prata na disciplina de Tiro Olímpico na categoría R6 nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012, con 694,6 puntos, quedando a só 2 décimas do ouro. Esta é a 4ª medalla para tiro olímpico español en toda a historia das Paralimpiadas. Ademais de en Londres, participou tamén nos Xogos de Sidney (2000) e en Atenas (2004) onde xa obtivo un 4º posto na categoría R5.

A charla, presentada e dirixida polo actor Rubén Riós, comezou sobre as 12.00 h na Casa da Cultura de Carral e durante aproximadamente unha hora, Juan Antonio Saavedra falounos traballo e esforzo que o levou a conquistar un dos maiores logros que se poden conseguir no mundo do deporte. Os rapaces e rapazas do CPI Vicente Otero Valcárcel mostráronse entusiasmados coa exposición, e “bombardearon” a preguntas a Juan Antonio, quen contestou a todas con enorme sinceridade e claridade. Rematada a conferencia, os rapaces tiveron o privilexio de fotografarse xunto co deportista e a prezada medalla.

29 de abril de 2013 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.