O Teatro Principal de Pontevedra acolle o domingo a representación “De paseo con Goya”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

A representación de “De paseo con Goya” o domingo 21 ás 20:00 horas no Teatro Principal pecha o curso  dos obradoiros de expresión dramática, plástica e musical de Migallas Teatro

Ao longo de 5 meses, 170 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos, participaron nesta actividade promovida pola Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra dende hai 14 aanos

Cinco meses de traballo, repartido en 22 sesións deron os seus froitos: “De paseo con Goya”. Esta é a peza teatral escollida por Migallas Teatro para que os nenos e nenas que participaron semanalmente no seu obradoiro, amosen todo o seu talento e as destrezas adquiridas neste tempo.

Esta actividade, promovida pola Concellaría de Cultura de Pontevedra, leva funcionando 14 anos cun índice de participación máis que elevado. De feito, algún dos rapaces e rapazas, non perderon nin unha soa edición e medraron ao tempo que o obradoiro se consolidaba.Un proxecto que axuda a desenvolverse aos nenos/as en moitas facetas, xa descubre e fomenta os recursos comunicativos, estimula a fantasía e as capacidades creativas, motiva e amosa as vantaxes do traballo en equipo, ao tempo que os nenos/as gozan coñecendo  a vila, o contorno urbano e natural, o folclore infantil, e adquiren dende pequenos o hábito da lectura.

De paseo con Goya” é unha obra colectiva na que se fai unha invitación a percorrer dunha maneira amena as diferentes etapas da vida e da obra de Francisco de Goya. A partir de datos históricos mestúrase realidade e comedia para achegar ao público a un dos grandes artistas universais.

Entrada libre ata completar aforo.

19 de abril de 2013 | 15:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.