O teatro Jofre de Ferrol acolle o domingo 21 a obra infantil “Mowgli, el libro de la selva”
A compañía La carreta Teatro presenta a súa obra teatral infantil “Mowgli, el libro de la selva” o domingo 21 de abril no Teatro Jofre. A adaptación do relato orixinal de Kipling comezará ás 18:00 horas e enmárcase dentro do programa que a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dirixida por Manuel Reyes García Hurtado, dedica aos máis pequenos.
Un espectáculo áxil e divertido no que se reforza unha mensaxe primordial: a importancia de ter unha familia que te apoia, que te quere e que te educa; e no que se revela de forma entrañable dous dos grandes valores do relato de Kipling: a amizade e a fraternidade. Ademais, o clásico reflicte comportamentos e valores humanos como a xenerosidade ou a rancor. Unha historia que xira sobre a aceptación e o respecto ás diferentes razas e especies. Unha reflexión sobre o equilibrio e as leis da natureza.
As entradas pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal, en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas de martes a venres; o sábado de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:30 horas; e o domingo de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas.











